EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Barco CCA e AEVA sortearán mil euros en vales de compra neste Nadal

Ambas entidades presentaban a campaña de Nadal 2018, na que colaboran o CRDO Valdeorras e a Ruta do Viño desta denominación
Presentación da campaña de Nadal de AEVA e do Barco CCA.

“Un Nadal de Todos”. É o lema da campaña que lanzan neste Nadal 2018 a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e O Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Presentábase nun acto celebrado na mañá do 4 de decembro coa presenza das presidentas de ambas entidades, entre outros representantes, así como dos presidentes do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, e da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez.

“Queremos lanzar unha mensaxe de unión empresarial aos usuarios e clientes de Valdeorras dunha maneira amable e próxima, aproveitando as datas navideñas” e “poñer en valor un dos piares económicos e culturais de Valdeorras a través da colaborción coa D.O. Valdeorras e coa Ruta do Viño”, sinalaba a presidenta de AEVA, Araceli Fernández.

Neste senso, apostouse polo uso de tapóns na decoración de Nadal dos establecementos asociados “para comunicar a implicacióni coa industria vitivinícola e o enoturismo”, ao mesmo tempo que se transmite “unha mensaxe de concienciación sobre a reutilización de residuos”.

Ademais presentábanse os contidos o cartel desta campaña, no que tamén se pedía a participación dos veciños nunha imaxe tomada o 17 de novembro na praza do Concello do Barco. Entre as propostas desta campaña figura o sorteo de 1.000 euros en vales de compra para investir nos establecementos participante: un talón de 500 euros e 5 talóns de 100 euros, ademais de 12 estoxos de viño da D.O. Valdeorras doados pola Asociación Ruta do Viño de Valdeorras. O sorteo farase ante notario o 17 de xaneiro.

Tampouco faltará a animación nas rúas. “Un Papá Noel estará na praza do Concello o día 24 de decembro pola mañá para saudar aos nenos, recoller as súas cartas e para que os seus familiares poidan facerlles fotos”, comentaba a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes. Ademais, proseguía, “o grupo Nelson Quinteiro percorrerá as rúas do Barco na tarde do 21 de decembro, interactuando co público e animando o espazo comercial e os establecementos co espectáculo O Bosque de Nadal“.

Convocarase así mesmo un concurso de escaparates comerciais e de hostalaría. As votacións serán popualres a través da páxina de facebook de AEVA e do Barco CCA.

 

Artigos relacionados

Back to top button