A presidenta do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Sandra Moldes, facía entrega na tarde do 11 de maio do premio da campaña “Actualiza o teu estilo”, que tiña lugar os días 26 e 27 de abril na vila. Este premio, consistente nunha estadía para dúas persoas nunha casa de turismo rural na Aldea Os Muíños, recaía en en Sonia Alonso, tras facer unha compra en Can Can, pero era recollido no seu nome pola súa irmá Arantxa.