EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco CCA entrega os premios da campaña “Na procura de Casares”

A iniciativa desenvolveuse no marco das Letra Galegas en colaboración cos equipos de Normalización da Lingua Galega dos centros escolares

Entre o 16 e o 27 de maio, trintecinco establecementos do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) expuxeron nos seus escaparates unha laranxa co título dunha obra literaria galega escrito sobre ela. Foi a idea sobre a que xirou a campaña posta en marcha pola asociación comercial barquense con motivo do Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión ao escritor ourensán Carlos Casares. “Na procura de Carlos Casares” é unha iniciativa promovida en colaboración cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos CEIPs Condesa Fenosa, Julio Gurriarán, Otero Pedrayo, Virxe do Camiño de Rubiá, IES Lauro Olmo e IES Martaguisela.

Moita xente participou nesta campaña (comerciantes, profesores, veciños,…) pero os protagonistas indiscutibles foron os escolares que elaboraron as laranxas cos títulos das obras. Por iso, na tarde do 7 de xuño, a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes, entregaba os premios (vales de 25 euros para mercar material escolar nos establecementos asociados) aos representantes de cada curso gañador (un por centro). Do Condesa de Fenosa, 4 anos A; do Julio Gurriarán, 1º B; do Otero Pedrayo, 5º de Primaria; do colexio Virxe do Camiño, Manuel Alves e Manuel Rodríguez; do IES Martaguisela, Carolina Lameiro e Xulia Barrio; e do IES Lauro Olmo, 3º D.

A campaña constou de dúas partes. A primeira consistiu nun roteiro literario polos establecementos participantes co fin de adiviñar se o título da obra literaria da laranxa foi escrita ou non por Carlos Casares. Entre todos os participantes que depositaron o seu díptico selado por todos os establecementos, sorteouse un vale de 100 euros, cuxa gañadors foi María Blasco Dacosta. A segunda parte da campaña foi a instalación dun tendal xigante con laranxas e galiñas realizadas polos alumnos dos centros participantes no Paseo do Malecón.

Fotos: Mónica G. Bellver/ Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button