EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco CCA estrea imaxe na rúa

Nas principais rúas do Barco xa pode verse a nova campaña promocional que o Centro Comercial Aberto (CCA) vén de colocar nos seus Mupis (soportes publicitarios). Neles ademais de incluír aos establecementos asociados a esta entidade, búscase a través da imaxe e das mensaxes conseguir a complicidade dos veciños do Barco para apostar polo sector empresarial da zona e, polo tanto, polo futuro do seu concello. Algo que se plasma a través de lemas como “Ti tes a chave”, “Ti decides o traballo do Barco” ou “Ti decides a diversión do Barco”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button