EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA estrea nova imaxe cunhas bolsas promocionais

Publicidade

 

Neste verán O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de renovar a súa imaxe cunhas bolsas promocionais que locen un deseño elixido a través do I Concurso de Deseño convocado por esta entidade.

Trátase dun deseño alegre e xuvenil, realizado por ordenador e na cor corporativa da asociación, que transmite a “ilusión de consumir no comercio local, así como na hostalería da vila”. “A través do xogo de palabras COMPRO TO’ LOCAL”, que é o lema do deseño, “as bolsas pretenden poñer en valor as vantaxes do comercio local, impulsando as compras no noso Centro Comercial Aberto. En definitiva, comprar no pequeno comercio, fainos grandes”, en palabras do propio autor do deseño e ganador do concurso, o barquense Francisco Javier Gómez.

Estas bolsas comezaban a distribuirse a semana pasada entre os establecementos asociados ao CCA e xa poden verse circulando polas rúas barquenses coas compras realizadas no comercio local.

Artigos relacionados

Back to top button