En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco CCA fai balance da súa actividade

Esta asociación celebraba o 28 de outubro a súa asemblea anual no salón de actos do edificio multiusos

As diversas accións e campañas desenvolvidas ao longo do pasado ano polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) analizábanse no decurso da asemblea que esta entidade celebraba na tarde do vernes 28 de outubro na vila. Nela a súa presidenta, Sandra Moldes, acompañada pola secretaria (Cristina Arias), pola tesoureira (Catalina Moral) e pola xerente (Marta Fernández) daba conta do traballo realizado nos últimos meses. Ademais na xuntanza aprobábanse as contas do pasado exercicio e o orzamento para o actual.

Na clausura da asemblea, o Barco CCA decidía sumarse aos actos conmemorativos do 50 Descenso do Sil e convidaba a Ángel Fernández, un dos organizadores das primeiras edicións, e a Fernando García, presidente do Club Fluvial Barco e o padexeiro que máis veces o ten baixado. Eles compartían cos asociados do CCA a súa experiencia con respecto a esta proba e ao río.
A xuntanza concluía cun pinchos acompañados por viños de Valdeorras.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button