EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA imaxe promocional co lema “Ti decides”

A fotografía que ilustra os nos novos MUPIs desta asociación barquense foi o resultado dun concurso a través das redes sociais
Os protagonistas da nova imaxe do Barco, co presidente desta entidade diante dun dos Mupis./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Os protagonistas da nova imaxe do Barco, co presidente desta entidade diante dun dos Mupis./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Cunha nova imaxe comeza o mes de decembro O Barco Centro Comercial Aberto. Xa pode verse en MUPIs desta entidade como o situado na entrada ao Barco. A fotografía desta campaña está protagonizada por dous mozos barquenses: Noemí Prada e Francisco Moldes.

Foron escollidos nun concurso organizado a través das redes sociais. “Realizouse en facebook e nel todas as persoas que quixeron apuntáronse ao evento e participaron enviando unha foto. Os ganadores foron aqueles que recibiron máis me gusta”, explica no acto da presentación da nova imaxe Ángel Álvarez, presidente do Barco CCA, na mañá do 3 de novembro.

Ademais expresaba o seu agradecemento a todas “aquelas persoas que nos enviaron as súas fotografías para participar, así como a toda as que entraron no noso Facebook para votar aos seus favoritos”. Tamén daba a súa noraboa “tanto a Noemí como a Francisco pola gran cantidade de votos recibidos”, xa que Noemí lograba 807 e Francisco un total de 1031.

Ángel Álvarez tamén adiantaba que O Barco CCA ten previsto convocar unha nova edición do concurso en xaneiro de 2015.

Artigos relacionados

Back to top button