EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA lanza a campaña “Con de P de Pai”, co sorteo de 200 euros en vales de compra

Os días 17 e 18 de marzo en horario de 11h. a 13:30 h. instalarase na Praza do Concello unha caseta á que poderán achegarse os clientes dos establecementos asociados e depositar os seus tíckets de compra

 

A Asociación Centro Comercial Aberto ( CCA) O Barco celebrará o vindeiro 19 de marzo, Día do Pai, coa campaña de dinamización “con P de Pai”, que “busca premiar aos clientes e promocionar o sector comercio e hostaleiro da vila”.

Neste senso, o CCA O Barco instalará, os días 17 e 18 de marzo en horario de 11h. a 13:30 h. na Praza do Concello, unha caseta á que poderán achegarse os clientes dos establecementos asociados e depositar os seus tíckets de compra (ata fin de existencias), tras cubrilos cun nome e cun teléfono de contacto, nunha urna.

Entre todos os participantes sortearanse, ao azar, dous vales de compra por valor de 100€, cada un, para investir nos negocios asociados ao CCA O Barco. Ademais, os clientes que depositen o seu ticket de compra na urna beneficiaranse dun vale por un café gratuíto (ata fin de existencias) que poderán trocar nos establecementos hostaleiros participantes na campaña: Café Teatro Baixo 5, Café Bar San Roque, Cafetería Fernando III, Cervexaría 13/14, Churraría A Xeneral, O Cafetín, A Maltería, Panadería Santigoso, Piquiño.

Os gañadores dos vales de compra daranse a coñecer o 18 de marzo, unha vez finalizada a campaña, a partir das 13:30 horas. As persoas afortunadas poderán recoller o seu premio na oficina do CCA O Barco ( c/ España, 1) o 22 de marzo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
Os tíckets deberán corresponder ás compras realizadas durante os días 17 e 18 de marzo, coincidindo coa celebración da campaña.

Artigos relacionados

Back to top button