ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco CCA lanza a campaña con “N de Nai”

Sortearanse 2 vales de compra por valor de 100€, cada un, para investir nos negocios asociados ao CCA O Barco as persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados os días 29 e 30 de abril

 

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco vén de organizar a campaña de dinamización “con N de Nai” para celebrar o Día da Nai. O CCA instalará, durante o xoves 29 e o venres 30 de abril, en horario de 11:00 a 13:30 horas na Praza do Concello, unha caseta ao que poderán achegarse os clientes dos establecementos asociados e depositar os seus tickets de compra, cun nome e un teléfono de contacto, nunha urna.

Os tíckets deberán corresponder ás compras realizadas durante os días 29 e 30 de abril, coincidindo coa celebración da campaña. Entre todos os participantes sortearanse, ao azar, dous vales de compra por valor de 100€, cada un, para investir nos negocios asociados ao CCA O Barco.

Ademais, a asociación entregará aos clientes, que depositen o seu ticket de compra na urna, unha pequena planta como agasallo (ata fin de existencias). O sorteo celebrarase o luns 3 de maio, ás 13:30 horas. Os premiados serán avisados por teléfono e os seus nomes publicaranse en redes sociais.

Artigos relacionados

Back to top button