En portadaÚltima hora

O Barco CCA lanza neste outono unha campaña na que converte en protagonistas aos clientes

O seu lema é "Queremos clientes coma ti" e incluirá o sorte de vales de compra

 

Dende o Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de lanzarse unha orixinal campaña do lema “Queremos clientes coma ti”. A asociación vén de instalar un espello no Mupi (panel publicitario) da praza do Concello barquense. Proponse que os clientes se fagan unha foto no espello, que a compartan en redes sociais e que a envíen ao CCA para poder gañar vales de compra O Barco de Valdeorras.

Deste xeito o CCA dalle á benvida á tempada outono-inverno. Con esta campaña busca “darlle visibilidade á asociación e ao comercio de proximidade. Desta forma, a asociación lanza unha mensaxe clara á cidadanía. Necesitamos a persoas que aposten polo noso sector, para conseguir que o comercio e a hostalería manteñan a súa actividade no Barco e non se vexan obrigados a pechar as súas portas definitivamente”, din dende o CCA.

O funcionamento da campaña será o seguinte. Os clientes deberán sacarse unha foto no espello, subila a redes sociais etiquetando ao Centro Comercial Aberto (@ CCABarco en Facebook e @ ccabarco en Instagram), e enviar a fotografía por WhatsApp ao 698 13 05 64 ou por correo electrónico a obarcocca@obarcoccaberto.com.

“Todas as fotografías que nos cheguen publicaranse nas nosas redes sociais. A campaña estará vixente do 26 de outubro ao 20 de novembro. Cada semana, e entre todos os participantes, sortearase ao azar un vale de 25€ para investir nos establecementos asociados. En total, repartiranse catro vales por ese valor entre os participantes da actividade. Os premiados daranse a coñecer, a través de redes sociais, os venres 30 de outubro, 6, 13 e 20 de novembro”, informan dende o CCA.

Artigos relacionados

Back to top button