En portadaÚltima hora

O Barco CCA lanza o seu I Concurso de Deseño na procura dunha imaxe identificativa

Ata o vindeiro 14 de maio está aberto o prazo para presentar traballos

 

A Asociación Centro Comercial Aberto ( CCA) O Barco vén de convocar o seu I Concurso de Deseño, que se celebrará do 15 de abril ao 14 de maio de 2021. Esta entidade busca “unha imaxe que represente ao sector comercio e hostaleiro da vila”, e que lucirá nas bolsas que a asociación entregue aos seus asociados para distribuír entre os clientes.

Neste certame poderá participar calquera persoa, maior de idade, interesada no mundo do deseño e da arte, “que presente unha obra de creación propia que faga referencia á nosa vila e ao seu sector comercio e hostaleiro. As obras poderán realizarse con diferentes técnicas artísticas: debuxo, pintura, ilustración, acuarela… ou un deseño gráfico realizado por computador; a un só cor. As propostas deberán ter un tamaño máximo de 210×297 mm”, tal e como indica O Barco CCA.

Os traballos deberán presentarse nun sobre pechado, en cuxo exterior figurará o título do deseño, e entregaranse na oficina do CCA (c/ España, 1, O Barco de Valdeorras); se se trata dunha obra realizada a man.

Pola contra, se se presenta un deseño en formato dixital, enviarase a través do correo electrónico obarcocca@obarcoccaberto.com.

En ambos casos deberase incluír o formulario de participación (que poderá descargarse na páxina web da asociación) debidamente cuberto cos datos persoais do participante.

En ambos os casos, deberase incluír o formulario de participación (poderase descargar na web da asociación) debidamente cuberto cos datos persoais do/da participante.

O prazo límite para presentar obras será o venres 14 de maio ás 23:59 horas. Un xurado elixirá o deseño gañador que ilustrará as bolsas do CCA O Barco. O autor ou a autora do deseño gañador será premiado, ademais, cun vale de compra por valor de 100 euros para investir nos establecementos do CCA O Barco.

Un xurado elixirá o deseño ganador que ilustrará as bolsas do CCA O Barco. O autor do deseño ganador será premiado, ademais, cun vale de compra por valor de 100 euros para investir nos establecementos asociados do CCA.

Artigos relacionados

Back to top button