EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA, nos Premios Nacionais de Comercio Interior

Representantes desta entidade recollían en Barcelona unha mención honorífica polo traballo realizado no 2014
O presidente do CCA, Ángel Álvarez, recollendo a mención en Barcelona.
O presidente do CCA, Ángel Álvarez, recollendo a mención en Barcelona.

O labor desenvolvido polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de ser recoñecido a nivel español. Membros da directiva desta entidade, entre eles o seu presidente, Ángel Álvarez, recollían o 2 de xuño en Barcelona unha mención honorífica outorgada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo polo traballo realizado dende esta entidade barquense durante o ano 2014. Neste acto estiveron ademais acompañados pola concelleira de Turismo do Barco, Irene Dacal.

Este premio, de carácter nacional, valora o asociacionismo existente entre comerciantes en todas as cidades de España. O seu órgano de selección destacaba a calidade das candidaturas presentadas na presente edición.

Dende a xunta directiva do Barco CCA faise “extensible esta mención a todos os asociados, porque sen eles non sería posible levar a cabo as actividades realizadas, así como ás entidades que confían e apoian o traballo da nosa asociación”.

Artigos relacionados

Back to top button