EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA pon en marcha a campaña “Eu amo ao pequeno comercio”, por San Valentín

Incluirá un concurso de fotografía e tamén o sorteo de catro ceas para catro parellas entre os clientes do establecementos participantes na campaña

Con novidades se presenta a campaña que promoverá este ano o Barco Centro Comercial Aberto con motivo da celebración de San Valentín. Ten por lema “Eu amo ao pequeno comercio” e desenvolverase do 8 ao 16 de febreiro (ambos incluídos).

“Con esta campaña queremos, unha vez máis, premiar a fidelidade dos clientes e para iso temos preparadas dúas acciones diferentes: o concurso “Eu amo ao pequeno comercio” e un sorteo de catro ceas para catro parellas entre os clientes dos establecementos participantes na campaña”, segundo informan dende O Barco CCA, entidade que preside Sandra Moldes.

Con respecto ao concurso, nel pedirase á xente que realice unha fotografía no seu comercio favorito coas compras/consumicións/servizos que teñan realizado e coa que demostren, dalgunha maneira, o seu “amor” polo pequeno comercio. Os establecementos participantes na campaña terán como elemento identificativo uns globos en forma de corazón col eslogan da campaña impreso.

Os interesados en participar no concurso poderán enviar as súas fotos por whatsapp ao número 698130564 incluíndo a palabra concurso e un máximo de 3 fotografías. As imaxe serán publicadas no facebook @CCAOBarco. “Entre todas as fotografías enviadas elixiremos as dúas que mellor reflexen o espírito da campaña. O autor de cada imaxe premiada recibirá como premio unha cena e unha masaxe relaxante para dúas personas”.

Os ganadores do concurso e do sorteo daranse a coñecer ao longo da mañá do 21 de febreiro e terán ata o 29 de febreiro para vir recoller os seus premios ás oficinas do CCA O Barco. As ceas, tanto do concurso como do sorteo, poderán ser disfrutadas o 9 de marzo. Los restaurantes participantes son: Chanfainas, Fernando III, Casa Galaica, La Gran Tortuga, Tapería Al Natural e Piquiño.

Artigos relacionados

Back to top button