EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O Barco CCA prepárase para renovar a súa xunta directiva

Esta asociación empresarial, que preside Sandra Moldes, celebraba na tarde do 19 de novembro a súa asemblea anual de forma telemática

 

A próxima renovación da presidencía e dos demais cargos que integran a actual xunta directiva do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) era un dos asuntos que se analizaban na asemblea xeral ordinaria que, de forma virtual, celebraba na tarde deste 19 de novembro a entidade. A intención da directiva, que nestes momentos preside Sandra Moldes, é convocar unha nova asemblea extraordinaria para elixir ao nova xunta da asociación.

“A xunta directiva leva sen renovarse dende hai 5 anos, a intención era facelo o ano pasado pero non foi posible ao non presentarse ningunha candidatura. Nestes momentos estanse facendo xestións para a renovación e animamos aos asociados a que se presentar para formar parte do equipo directivo. Hai de prazo ata o 31 de decembro. Penso que os cambios son bos e é necesario que se incorpore xente con novas ideas e con iniciativas”, indicaba Sandra Moldes.

No decurso da asemblea tamén se aprobaba a acta da sesión anterior, as contas do 2019 e a previsión de orzamento para o 2020, así como a ratificación das novas solicitudes de afiliación (un total de dúas) e a memoria de actividades do 2019. Neste última apartado, Sandr Moldes facía un repaso das xestións e actividades desenvolvidas dende o CCA durante o exercicio do 2019, entre elas citaba a campaña de rebaixas de inverno, a Ruta de pinchos “O Barco vai de viño”, as XX Xornadas Gastronómicas de Entroido, a campaña de San Valentín, a do Día do Pai, a de primavera, a da Día da Nai, a pasarela “O Barco de Moda”, o Mercaberto ou a Campaña de Nadal.

Sandra Moldes amosaba así mesmo o agradecemento da xunta directiva nas diferente campañas promovidas polo CCA e convidaba a presentar propostas novas.

 

Maximino Alonso, durante a clausura da asemblea.

 

A reunión completábase cun acto de clausura que nesta ocasión corría a cargo do presidente da Cruz Vermella Valdeorras, Maximino Alonso Alejandre, que repasaba o labor que desenvolve esta entidade na comarca, tanto no aspecto social como no económico, indicando ademais como a actual pandemia ten influído na súa actividade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close