EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA, recoñecido polo Ministerio de Economía

Nos últimos Premios Nacionais do Comercio Interior distinguíse o traballo desenvolvido por esta asociación no 2014

 

A Noite Branca ten sido unha das actividades desenvolvidas polo Barco CCA no 2014./ Foto: Carlos G. Hervella.
A Noite Branca ten sido unha das actividades desenvolvidas polo Barco CCA no 2014./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ata oito novas e orixinais actividades se desenvolvían dende O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), que preside Ángel Álvarez, no pasado ano. Entre elas, teatro nos escaparates, obradoiros de cociña infantil ou o xogo “A Busca do tesouro”. A isto hai que engardille as que se viñan desenvolvendo nos anos anteriores como a Campaña de Outono e a de Nadal, a ruta de pinchos “O Barco vai de viños”, a campaña dos Namorados, a Carreira por parellas “Obarconamora”, a Feira de Abril, A Festa dos Maios…

Un esforzo e traballo polo que veñen de recibir un recoñecemento nos últimos Premios Nacionales de Comercio Interior, que se entregan dende o Ministerio de Economía. “Trátase dun galardón  a nivel nacional que valora o asociacionismo existente entre comerciantes en todas as cidades de España, e cuxo órgano de selección destaca a calidade das candidaturas presentadas na presente edición”, tal e como se indica dende O Barco CCA.

Dende a xunta directiva desta asociación queren “facer extensible esta mención a TODOS OS ASOCIADOS, porque sen eles no sería posible llevar a cabo as actividades realizadas, así como o das entidades que confían e apoian o traballo da nosa asociación”.

Público asistindo a unha das representacións de "Teatro nos escaparates" no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Público asistindo a unha das representacións de “Teatro nos escaparates” no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button