EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O Barco CCA recupera a carreira e andaina por parellas para celebrar o Día dos Namorados

A campaña de San Valentín "O Barconamora" inclúe o sorteo de catro ceas entre os clientes dos establecementos asociados

 

Incentivar as compras, celebrar o Día dos Namorados, fomentar o deporte, e favorecer o coñecemento das rutas que existen ao longo da villa. Son as premisas coas que a Asociación Centro Comercial Aberto O Barco preparou a campaña “O Barconamora” que neste 2020 recupera a carreira e andaina por parellas, que cumpre a súa VIII edición e que plantexa aos participantes completar o percorrido estipulado unidos por un lazo atado aos pulsos.

Trátase dunha proba organizada en colaboración coa delegación valdeorresa da FGA e o Club Adas Proinor, que se celebrará o domingo 16 de febreiro, a partir das 11:30h. (andaina) con saída e meta na praza José Otero. Con respecto ás modalidades haberá tres: parellas mixta, masculina e feminina, na categoría absoluta, cun percorrido urbano de 7,5 km. Tamén haberá carreiras para as categorías base (prebenxamín, sub10, sub11 e sub14) con percorridos que van dos 1.000 aos 100 metros polo Paseo do Malecón. Como novidade nesta edición, todas as carrerisa se celebrarán ao mismo tempo, a partir das 12h.

En canto aos premios, haberá trofeos para as tres primeiras parellas de cada modalidade na categorías absoluta; medallas de chocolate para os pequenos que se suban ao podio; e agasallos para todos os nenos. Ademais, realizarase un sorteo entre todos os participantes con produtos doados polos comercios asociados.

 

Participantes na anterior edición da carreira por parellas.

 

As inscricións poderán realizarse, do 3 ao 13 de febreiro, na páxina web www.carreirasgalegas.com, nas tendas Foot on Mars do Barco e Tri-Sport da Rúa, nas oficinas do Centro Comercial Aberto (Rúa España, nº 1) e unha hora antes da proba.

A presentación do evento tiña lugar na mañá do 31 de xaneiro na oficina do CCA o Barco, coa presenza da vicepresidenta da asociación Ángeles Rodríguez; da representante da delegación de atletismo Mireia Rodríguez; e do presidente do Adas, Tinín González. No acto a vicepresidenta do CCA engadiu que como vén sendo habitual, a asociación de comerciantes pon en marcha o sorteo para “premiar aos clientes dos establecementos asociados con catro ceas para catro parellas” a desfrutar na Casa Galaica, Fernando III, Pensión La Gran Tortuga e  Piquiño, o 7 de marzo. Do 3 ao 16 de febreiro, os comercios participantes naa campaña repartirán coas compras 6.000 boletos entre os seus clientes que deberán cubrir cos seus datos para poder participar nosorteo, que se celebrará o 19 de febreiro na oficina do Centro Comercial Aberto.

O presidente do Adas pola súa banda, asegurou estar contento pola recuperación da orixinal carreira que “e sobre todo popular”, engadindo que O Barco foi pioneiro na súa organización, esperando que participe moita xente. Con respecto ao circuíto, aumentaron de 5 a 7,5 km o percorrido que varía algo con respecto ás anteriores edicións.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button