EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco CCA sortea “unha experiencia estelar” na súa campaña do Día do Pai

Os establecementos asociados repartirán do 13 ao 19 de marzo tarxetas entre os seus clientes que entrarán no sorteo dúas estadías para tres persoas no municipio valdeorrés da Veiga

“Papá ti es o máis grande”. É o lema da campaña que O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de poñer en marcha de cara á celebración do Día do Pai. Nela as persoas que se acheguen a realizar as súas compras aos establecementos asociados ao CCA entre os días 13 e 19 de marzo recibirán tarxetas coas que entrarán ao sorteo de dúas estadías para tres persoas (dous adultos e un neno) no entorno natural do municipio valdeorrés da Veiga, un dos escasos destinos Starlight (de turismo astronómico), existentes no mundo, segundo explicaba a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes.

Estas estadías inclúen “o aloxamento dunha noite en réxime de pensión completa, máis dúas actividades, unha dedicada aos ceos de Trevinca e unha ruta 4×4 polas lagoas glaciares e o Bidueiral de Xares”, matizaba a vicepresidenta do CCA, Ángeles Rodríguez Pérez.

Os usuarios deberán cubrir co nome e número de teléfono esas tarxetas, que deberán estar seladas, e entregalas. O día 23 de marzo procederase a efectuar o sorteo e farase público o nome dos afortunados.

As bases do concurso poderán consultarse nas oficinas do CCA ou na web: http://obarcoccaberto.com

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button
Close