ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco celebra a primavera cos Maios

Dende as once e media da mañá a praza do Príncipe acolle a exposición destas esculturas vexetais, unha mostra de artesanía e gastronomía e actuacións de música tradicional

Como cada primeiro de maio, O Barco vístese de festa para celebrar unha antiga tradición de exaltación á primavera. Nesta ocasión, e mantendo a liña do pasado ano, o escenario da mesma é a praza do Príncipe de Asturias, no centro da vila.

Dende ás once e media un total de oito Maios (artísticos e enxebres) están expostos ao público, que pode votar ao que máis lle guste a través do “Voto aberto” no expositor do Barco Centro Comercial Aberto. Ademais, as persoas que se acheguen ata a praza poden percorrer a mostra de artesanía e gastronomía que estará instalada ao longo da xornada.

Pola mañá a festa tamén estaba animada con actuacións da man da Agrupación Abertal da Rúa con música tradicional, pandeireteiras e baile. Despois dábase paso ao grupo Aires del Cabrera de Pombriego, da veciña comarca leonesa. A partires das 13:30h. comezarán a cantarse ás coplas.

Fotos: A.R.

Máis información e fotos:
https://osil.info/o-canto-das-coplas-dos-maios-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button