Publicidade
CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Barco celebra a Santa Rita cun novo formato de actuación musical

 

Adaptándose ás circunstancias do estado de alarma vixente, pero sen renunciar á celebración, O Barco celebra neste 22 de maio a festa da Santa Rita. E, nesa liña, a Concellería de Cultura apostaba por un novo formato de espectáculo da man da Fanfarria Taquikardia, coa súa intensa música de aires balcánicos.

 

 

Tratábase dunha serie de microconcertos verticais para ser seguidos dende as fiestras ou os balcóns dos edificios, cunha moi boa acollida por parte dos barquenses que animaban, seguían con palmas ou mesmo bailaban, ao coincidir co grupo, seguindo o seu trepidente ritmo.

O percorrido da Fanfarria Taquikardia iniciábase pasadas ás 12h. na praza do Príncipe para logo continuar pola estrada xeral do Barco (dende a avenida Marcelino Suárez e seguindo pola avenida Conde Fenosa), ata finalizar fronte ao Hospital Público de Valdeorras, redendendo unha pequena homenaxe aos profesionais sanitarios que os recibían con aplausos nas proximidades da entrada de Urxencias.

 

 

Nesta galería de fotos pode verse un resume en imaxes desta actuación novidosa no Barco, na que se contaba coa colaboración da Policía Local para regular o tráfico e tamén, nalgúns puntos, coa da Garda Civil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close