En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco celebra o Día da Árbore cunha plantación no Salgueiral

Os escolares dos centros de ensino barquenses participaban nesta actividade na que plantaban 150 árbores de diferentes especies

A partires das once desta mañá de xoves 21 de marzo a área recreativa do Salgueiral (O Barco), á beira do Sil, enchíase de escolares. Numerosos rapaces dos centros de ensino da vila participaban nunha actividade moi especial para conmemorar a celebración do Día Mundial da Árbore.

Nesta zona verde barquense, acondicionada previamente polo Concello do Barco, os nenos colaboraban nunha plantación de 150 árbores de diferentes especies: freixos, amieiros, abeleiras e bidueiros. Son especies consideradas axeitadas para as ribeiras dos ríos. Esta plantación foi comunicada á Confederación Hidrográfica, que deu autorización para a súa realización.

Esta xornada foi organizada polas concellerías de Medio Ambiente e de Xardíns do Barco, e en colaboración coa Xunta de Galicia (Medio Rural), e cos centros escolares do municipio. A Xunta cedeu as árbores plantadas e cada centro seleccionou unha clase ou un grupo para que fosen os propios escolares os que fixeran a plantación.

Na actividade había adultos que asesoraban nas tarefas de plantación. Ademais cada árbore queda protexido e colocóuselle unha etiqueta na que consta o centro escolar que fixo a plantación. O Concello ten previsto que, cando as ábores teñan medrado, se coloquen tamén carteis indentificadores de cada unha das especies.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button