EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco celebra o “Día do Mercado” na Praza de Abastos

De 10h. a 13h. agasallarase aos clientes da praza con pinchos e bebidas

Entre as máis de 90 prazas de abastos galegas que festexan o 27 de maio o “Día do Mercado” está a do Barco. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Xunta coa que culmina na comunidade a campaña internacional “Quere o teu mercado”.

Con este motivo, na Praza de Abastos do Barco agasallarase ao público con pinchos e bebidas, ademais doutras actividades. Será entre as 10h. e as 13h. Este acto será organizado pola Concellería de Comercio en colaboración cos propios vendedores da praza e coa Xunta.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button