ConcellosGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

O Barco celebra o San Roque

As festas inclúen procesión, misa e música, coa actuación esta tarde, da orquestra Emperadores

As festas de San Roque, no barrio barquense das Casas Baratas, comezaban na tarde do luns 15 de agosto con xogos infantís na praza, partidos de fútbol e música. Pero é hoxe, martes 16 o día grande do programa na honra ao santo, que comezaba co pasarrúas dos gaiteros, a procesión e posterior misa ao aire libre. Xa pola tarde, a festa continúa coa actuación da orquestra Emperadores en sesión de tarde e verbena.

Nesta galería de imaxes podemos ver diferentes momentos da eucaristía celebrada ao aire libre á que asistiron numerosos veciños. Algúns deles queixábanse pola falta de limpeza da zona por parte do Concello, co chan cuberto de follas secas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button