EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco celebrará o seu “Mercadiño de Nadal” o 19 e 20 de decembro

 

Un decembro máis a praza do Concello do Barco acollerá o “Mercadiño de Nadal”, que se organiza dende a Concellería de Comercio e Turismo, pero nesta ocasión con control de aforo e medidas de seguridade fronte ao Covid. Será na fin de semana do 19 e 20 de decembro e incluirá, ademais de exposición e venda, demostracións de traballos dos artesáns.

Dende o Concello do Barco informan que a montaxe da décima edición deste mercadiño comezará a realizarse o vindeiro luns. O mercadiño contará cunhs 20 expositores de produtos e sectores moi diferentes como é o cas da alimentación ou da artesanía, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button