En portadaEntroidoGalerías de fotos

O Barco chora a fin do Entroido

O Enterro da Sardiña percorría o casco antigo da vila na tarde do Mércores de Cinza

Unha comitiva enloitada e con candelas acesas percorría na tarde do 18 de febreiro, Mércores de Cinza, o casco antigo barquense, saíndo da súa praza Maior. Ía encabezada polo Meco. Tras el os oficiantes da cerimonia e, de seguido, as carpideiras e multitude de persoas que acompañaban a este boneco no seu último percorrido pola vila antes de ser queimado.

O traxecto remataba coa colocación do Meco no centro da praza para, de seguido, proceder a súa queima en medio dunha gran expectación. A medida que se ían queimando cada unha das súas prendas e quedaba soamentes o seu esquelete de cruz íase esvacendo o Entroido por este ano. Ao tempo que as chamas se apagaban, os participantes no Enterro da Sardiña barquense compartían chourizos con pan, ao son da música.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button