ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco colaborará na II Campaña provincial de compostaxe

Desde mañá, 22 de setembro, en horario de 8:30h. a 14h., os interesados en conseguir un composteiro poderán pasar polo edificio multiusos

Publicidade

 

O Concello do Barco colaborará na II Campaña provincial de compostaxe posta en marcha por Sogama e a Deputación Provincial de Ourense. Desde mañá, 22 de setembro, en horario de 8:30h. a 14h., os interesados en conseguir un composteiro poderán pasar polo edificio multiusos (planta baixa), onde poderán recoller un tríptico onde se especifican todas as condicións para participar na campaña.

Estas persoas deberán cubrir o tríptico e deixalo nas dependencias municipais. O prazo rematará o 15 de outubro, mentres que as datas de entrega dos composteiros aínda non están determinadas, segundo informa o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button