DeportesÚltima hora

O Barco colleita catro distincións na gala anual da Federación Galega de Piragüismo

Representantes do Fluvial Barco, do Concello, Pepe Ruiz e Jesús Rodríguez, na entrega de premios da gala da Federación Galega de Piragüismo./ Foto cedida.

De festa vestíase o piragüismo galego na tarde do 20 de decembro. A federación galega deste depore celebraba a súa gala anual en Pontevedra, un acto no que entregaban unha serie de recoñecementos. Catro deles viñan para Valdeorras.

Así, o veterano padexeiro Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco), recibía un premio á súa traxectoria deportiva, tendo en conta os “seus grandes logros deportivos tanto a nivel nacional como internacional na presente tempada”, segundo a Federación Galega de Piragüismo. Ademais o Fluvial Barco recollía o galardón polo seu terceiro posto por clubs na liga provincial de piragüismo.

Outro galardón viña da man do 53ª Descenso do Sil. Así o Concello do Barco recibía por este evento deportivo o premio á regata galega mellor organizada do ano 2019.

Finalmente, tamén resultaba recoñecido o barquense Pepe Ruiz, que se facía co primeiro premio do I Concurso de Fotografía Pablo Leyenda, convocado tamén pola Federación Galega de Piragüismo.

 

Os premiados na gala./ Foto: Federación Galega de Piragüismo.

Artigos relacionados

Back to top button