Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O Barco comeza a campaña electoral e as festas

Na praza do Concello do Barco arrancaba a pegada de carteis para boa parte dos partidos políticos deste municipio que concurren ás eleccións galegas do 25-S. De aí partían o PSdeG-PSOE e En Marea, así como o BNG. Este último partido facía un acto simbólico e en lugar de carteis electorais poñía outros con frases como “lume nunca máis” como xesto simbólico de solidariedade coas persoas afectadas pola vaga de incendios na provincia. Pola súa banda, o PP comezaba a pegada de carteis na zona do Paseo do Malecón.

Dase a circunstancia de que a apertura da campaña electoral coincide no Barco coa celebración das Festas do Cristo.

Artigos relacionados

Back to top button