ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco, con 26 casos activos de Covid, en especial observación por parte de Sanidade

O municipio rexistra un positivo menos que onte, segundo os datos comunicados ao Concello

Panorámica da vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Lixeiro descenso nos casos activos de coronavirus no Barco. Así, segundo os últimos datos comunicados neste venres 11 de decembro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 26 positivos, 1 menos que onte.

Aínda así, este municipio pasa a estar, xunto con Verín, en “nivel de observación detallada”, tal e como indicaba o conselleiro de Sanidade, Julio García, tras a rolda de prensa celebraba tras a reunión do Subcomité Clínico deste venres.

En canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 20 (1 menos que o reflexado), cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade. Neste municipio mantese, como no resto da provincia de Ourense (agás Xinzo de Limia e Ribadavia, con restricións medio-altas) as restricións básicas.

Artigos relacionados

Back to top button