ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

O Barco conmemora o 8M coa lectura dun manifesto na praza do Concello

 

Entre aplausos remataba na praza do Concello do Barco a lectura do manifesto pola celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A concelleira de Medio Ambiente barquense, Diana Urdangaray, era a encargada de poñerlle voz a este texto ás 12h., no que se reivindicaba o papel das mulleres e poñía o foco na súa situación durante a pandemia sanitaria e socioeconómica derivada do Covid-19, indicando que “esta crise afectounos máis ás mulleres” e incidindo, de xeito especial, nas vítimas de violencia de xénero.

O manifesto tamén se refería á importancia de traballar dende a administración local para o desenvolvemento de políticas que permitan mudar e mellorar a situación das mulleres, ademais de lembrar que se cumpre o 90 aniversario da conquista do voto feminino en España.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button