CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Barco convoca as bolsas para a compra de libros e material escolar de educación infantil

 

A partir do 19 de xuño de abrirase o prazo para solicitar no Concello do Barco as bolsas para a compra de libros e material escolar de Educación Infantil de cara ao vindeiro curso 2020-2021. O prazo será de 15 días hábiles, tal e como figura no anuncio que se publicaba nesta 18 de xuño no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense.

As solicitudes presentaranse “preferiblemente por vía electrónica a través do rexistro telemático do Concello do Barco de Valdeorras (https://sede.concellodobarco.org) ou a través do rexistro de entrada do Concello de 9h. a 14h.)”, segundo o Concello.

Na convocatoria indícase tamén que estas axudas van destinadas ao alumnado empadroado e escolarizado nos centros de ensino do municipio e matriculado nalgún dos cursos de segundo ciclo de Educación Infantil (3, 4, 5 anos) para o próximo curso.

Ademais poderán realizarse consultas no Departamento de Servizos Sociais, situado no Concello Vello.

Contía das axudas:

Os requisitos das bases poden consultarse aquí:

BOP 139

Artigos relacionados

Back to top button
Close