ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O Barco de Valdeorras celebra a festividade de San Roque

 

Son moitas as localidades e barrios que celebran hoxe a festividade de San Roque. Un deles é o barrio barquense de nome homónimo. Neste mediodía de 16 de agosto os seus veciños levaban en procesión a imaxe do santo, co seu tradicional acio de uvas brancas pendurado. Tamén nesta procesión, cunha notable asistencia, saía a imaxe da Virxe, estando amenizada musicalmente por Xabier e Antela Roo, á gaita e ao acordeón respectivamente.

 

 

A procesión saía dende a capela de San Roque e despois iniciaba un traxecto polo barrio, cruzando pola avenida Manuel Quiroga, seguindo pola rúa San Roque para, deseguido, pasar pola praza das Airas e regresar novamente a Manuel Quiroga. Dende aí voltaba á capela, onde se celebraba a misa ao aire libre.

Coma sempre esta celebración contou coa colaboración da Policía Local do Barco para controlar o tráfico, especialmente nos cruces.

 

Artigos relacionados

Back to top button