ConcellosEn portadaÚltima hora

O Barco de Valdeorras celebrará mañá a festa de San Mauro

A Policía Local honrará ao seu patrón con procesión, misa e un aperitivo

Procesión de San Mauro pola praza Maior o ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mañá, mércores 15 de xaneiro, a imaxe de San Mauro sairá de novo polas rúas do casco vello do Barco de Valdeorras a ombros dalgúns dos municipais da vila, sendo custodiada polo resto do corpo de forzas de seguridade local, que encabezarán a comitiva da procesión, acto central da festa na honra ao seu patrón.

Pasado o mediodía, os axentes  da vila esperarán vestidos de gala o momento exacto, ás 12:30 horas, para coller a imaxe do santo e comezar o percorrido da procesión. A comitiva encabezada polos membros da Policía Local e o santo sairá da igrexa de San Mauro para continuar polas rúas Real e Escura e rematar de novo na igrexa parroquial, onde dará comezo a eucaristía.

Coma sempre, nha vez rematado o acto relixioso a Policía Local do Barco de Valdeorras compartirá un aperitivo con familiares e amigos.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close