O Barco de Valdeorras e a Mancomunidade de Carballiño recibe dous vehículos motobomba de Medio Rural

Así o recolle a normativa, correspondéndolle a cada unha das entidades que recibe cumprir coas obrigas da Dirección Xeral de Tráfico e realizar tódolos trámites precisos

 

Concello de O Barco de Valdeorras. Foto: Ángeles Rodríguez.

 

As dúas ordes da Consellería do Medio Rural que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) recollen a cesión en propiedade dun vehículo motobomba ao concello do Barco de Valdeorras e outra á Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

Co obxectivo de reforzar o operativo de loita contra os incendios forestais, A Xunta procede a dotar ás entidades locais dos medios necesarios para un correcto funcionamento do dispositivo, co fin de mellorar o traballo que se realiza dende os distritos forestais. Estes vehículos forman parte do operativo antiincendios de Medio Rural, que na tempada de alto risco está composto por 360 motobombas, cisternas, pas, unha trintena de medios aéreos e preto de 7.000 traballadores.

Esta achega faise consonte á normativa reguladora das bases do réxime local, que establece que lles corresponde aos concellos exercer no ámbito territorial da súa responsabilidade competencias en materia de prevención e extinción de incendios, nos termos da lexislación do Estado e das comunidades autónomas. Segundo esto, tamén lles corresponde a cada unha das entidades que recibe unha motobomba, neste caso O Barco de Valdeorras e Carballiño, cumprir coas obrigas da Dirección Xeral de Tráfico e realizar o trámite de cambio de titularidade do vehículo, facerse cargo de todos os gastos de mantemento do vehículo e os derivados do seu uso, os propios do seguro, inspección técnica, etc.

 

Consulta da orde ao Concello de Valdeorras:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190717/AnuncioG0426-080719-0003_gl.html

Consulta da orde á Mancomunidade de Concellos do Carballiño:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190717/AnuncioG0426-080719-0002_gl.html
Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies