En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco de Valdeorras rende culto a San Antón

A procesión coa imaxe do santo dende a capela ata o pavillón de Calabagueiros centrou os actos do 13 de xuño

Unhas horas despois de que a parroquia ruesa de Fontei honrase a San Antón, eran os veciños do barrio barquense do Campo os que sacaban á súa propia imaxe para percorrer os poucos metros que separan a capela na que se conserva do pavillón de Calabagueiros. Alí, como cada 13 de xuño, trala procesión acompañada musicalmente polos gaiteiros Airiños de Portela, numerosos fieis asistían á eucaristía presidida polo neopresbítero da Diócese de Astorga e Capelán do HCV Daniel Pérez Quintela, xunto a varios sacerdotes da contorna, entre eles o párroco Ángel Sánchez Cao. Durante a celebración litúrxica acompañada musicalmente pola Agrupación Coral Mariñán, bendixéronse as familias, os nenos, os noivos, os pans e as candeas.

A parte lúdica da festa de San Antón en Calabaguerios chegará na fin de semana coa actuación de dúas orquestras: Kalima 3.0 o sábado día 16 e Suavecito o domingo día 17.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button