ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco descende un caso máis e sitúase nos 50 positivos de Covid

Imaxe do centro do Barco.

 

Unha xornada máis, continúa o descenso de casos activos de Covid no Barco, se ben desta volta moi lixeiramente. Así, segundo os últimos datos facilitados polo Sergas ao Concello do Barco, este municipio valdeorrés sitúase nos 50 positivos, é dicir, un menos que onte.

Aínda así, no mapa galego do Covid que elabora a Consellería de Sanidade, e no que O Barco onte presentaba un nivel de alerta 2 (menos de 21 casos novos nos últimos 7 días confirmados por probas PCR), hoxe o municipio volve a un nivel de alerta 3, ao rexistrarse máis de 21 casos novos nos últimos sete días.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button