EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco desfrutará no Nadal dunha pista de patinaxe de 200 m2

Está pensada para nenos e maiores e funcionará do 30 de decembro ao 10 de xaneiro no pavillón de Calabagueiros
A presidenta do Barco CCA, intervindo na presentación da actividade da pista de xeo./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A presidenta do Barco CCA, intervindo na presentación da actividade da pista de xeo./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A patinaxe será a principal novidade na oferta de actividades do Barco para este Nadal. A superficie do pavillón polideportivo acollerá do 30 de decembro ao 10 de xaneiro unha gran pista de patinaxe de xeo sintético de 200 m2 e na que poden patinar 45 persoas á vez.

A iniciativa será promovida polo Concello do Barco en colaboración co Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e Mantesil. Ademais forma parte da campaña de Nadal de AEVA e do CCA, tal e como recordaba na presentación desta actividade a presidenta do Barco CCA, Sandra Moldes. “A entrada custa 4 euros, pero o CCA regalará o 24 de decembro coas compras que se realicen nos establecementos 1.500 entradas, que permitirán usar a pista durante media hora polas mañás”.

A concelleira de Comercio do Barco, a presidenta do CCA e o representante de Mantesil na presentación./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A concelleira de Comercio do Barco, a presidenta do CCA e o representante de Mantesil na presentación./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Ademais da pista de patinaxe, tamén se instalarán no polideportivo “inchables para nenos de todas as idades. Do 30 de decembro ao 10 de xaneiro a pista estará aberta en horario de 11 a 14h. e de 4 a a 8h, menos o 30 de decembro, 1, 6, 7 e 8 de xaneiro, días nos que só abrirá pola tarde”, sinalaba a concelleira de Comercio do Barco, Irene Dacal.

Artigos relacionados

Back to top button