ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco despide a Eduardo Ojea Dacal, un defensor da cultura fluvial

O barquense Eduardo Ojea Dacal, no obradoiro de construción de barcas da Asociación A Figueiriña./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que tiña un taller na rúa da Estación do Barco, Eduardo Ojea Dacal era especialmente coñecido nesta vila na que naceu, hai xa 90 anos, pola súa vinculación co mundo da pesca. Non só pola súa afección a esta actividade, senón tamén polo seu labor como construtor de barcas. De feito el foi un dos participantes máis activos no proxecto de posta en marcha da Asociación A Figueiriña-Lanchas do Sil, que alá pola década do 2000 nacía co fin de reactivar e recuperar a cultura fluvial barquense, realizando diversas actividades, entre elas a construción das antigas lanchas deste río. El foi o seu presidente de honra.

Eduardo Ojea Dacal, viúvo de Mercedes Arias e pai do docente e ex concelleiro Eduardo Ojea “Potolo”, era un barquense moi cercano, afable e sempre sorrinte, moi querido na vila. Falecía neste 24 de novembro. A súa familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus mañá 25 de novembro, nun funeral previsto para as 13h. na igrexa de Santa Rita do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button