ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco despide a José Roo, policía local xubilado

José Roo, policía local xubilado no Barco.

 

Veciño do barrio de San Roque do Barco, José Roo Vázquez era unha persoa moi coñecida e querida nesta vila, onde exerceu como policía local entre os anos 1978 e 2004. Casado e con tres fillos, José Roo falecía pasado mércores 15 de xullo nesta localidade valdeorresa, aos 81 anos de idade.

A súa capela ardente está no Tanatoria de Santa Rita, no Barco, e o seu funeral está previsto para mañá venres 17 de xullo ás 12:30h. na Igrexa de Santa Rita. Alí a súa familia, amigos, veciños e compañeiros dáranlle o seu último adeus. O seu féretro será portado, tanto na igrexa como no cemiterio municipal, polos seus compañeiros da Policía Local do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button