En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco despide as Festas de Santa Rita cunha animada tarde de ‘chiringuitos’ e baile

 

Aínda que hoxe é festivo local no Barco de Valdeorras, as festas patronais na honra a Santa Rita pechábanse na noito de onte, domingo 22 de maio, día grande dos festexos, cun completo programa e moita animación polas rúas da vila.

 

 

 

 

Pola mañá celebrábase unha multitudinaria procesión coa imaxe de Santa Rita, que volvía percorrer a vila tras dous anos sen facelo, así como a misa concelebrada na súa honra. Tamén actuaba a Banda de Gaitas da Veiga e pola tarde, malia que a chuvia ameazaba constantemente, tocáballe o turno á orquestra Miramar que poñía o broche musical aos fextexos cunha dobre sesión: a de tarde, moi concorrida con numeroso público escoitando e tamén bailando no Malecón; e a da verbena.

 

 

Ao longo da fin de semana tampouco faltaban os ‘chiringuitos’, postos de comida e atraccións ao longo do paseo, que facían as delicias das familias e moi especialmente dos nenos. E precisamente os nenos, malia que a festa xa rematou, terán hoxe, luns 23 de maio, as atraccións a metade de prezo, segundo o programa elaborado pola comisión.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button