CulturaÚltima hora

O Barco dispón de 15 prazas para o campamento intermunicipal na natureza de Vilarbó 2021

Ademais, está xa aberta a preinscrición para participar no campamento urbano do Barco baixo o nome “Oito semanas en Barco”

 

Chega o verán e con el as ofertas de campamentos para os máis pequenos, e o Concello do Barco de Valdeorras conta con 15 prazas para asistir ao de Vilarbó para nenos/as de 9 a 16 anos de idade que se celebrará do 7 ao 18 de xullo.

Trátase dun campamento multiaventura na localidade pontina de Vilarbó, situada en plena fraga atlántica pertencente ás Fragas do Eume, con actividades moi variadas. Dende deportes de auga, canoa, remo, splatmaster, volei, xogos populares alternativos e deportivos, ata tiro con arco, artesanía, medio ambiente, aire libre, roteiro, travesía polo Eume e mesmo animación nocturna.

Tal como avanzan dende o Concello do Barco, este ano o sistema que se empregará para a preinscrición e adxudicación de prazas será en dúas fases.

Preinscrición: O venres 18 de xuño en horario de 8:30 a 15 os interesados deberán achegarse ao 2º andar do Edificio Multiusos, ou chamar ao 988-320202 extensión 1008, e facilitar os seguintes datos para formalizar a FASE DE PREINSCRICIÓN: nome e apelidos do neno/a, DNI, data de nacemento, e se se atopa empadroado no Concello do Barco (*será obrigatoria esta condición. Si non se cumprise este requisito, poderase formalizar a preinscrición igualmente, por si existisen prazas libre ou ampliación das mesmas. O Concello comprobará a veracidade desta condición.) Nese momento comunicaráselle un número correspondente a súa preinscrición (aos membros da mesma unidade familiar –irmáns- asignaráselle o mesmo número).

Reunión para reparto de prazas: o luns 21 de xuño ás 14 horas no salón do 3º andar do Edificio Multiusos, realizarase unha reunión na que se o número de preinscricións é igual ao número de prazas, farase comunicado desta situación e informaráselle a todos do sistema de matrícula (entregaranse xa os impresos de matriculación…); no caso de que o número de preinscricións sexa superior ao número de prazas, e non se puideron conseguir máis, procederase a un sorteo. Se non fose preciso realizar sorteo e quedasen prazas libres, neste momento outorgaránselle as mesmas aos mozos/as non empadroados que se tivesen preinscrito, seguindo orde de preinscrición.

Aberta a preinscrición para o campamento de verán “Oito semanas en Barco”

Por outra banda, desde hoxe está aberta a preinscrición para participar no campamento urbano que se desenrola este verán, baixo o nome “Oito semanas en Barco”. O campamento, organizado polo Concello do Barco e a asociación Vagalume, conta cun total de 60 prazas e desenrolarase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. As prazas limitáronse por mor da situación sanitaria actual, e o custo será de 50 euros por quincena, e 75 euros no caso dos que se inscriban para un mes entero.

Dada a limitación de prazas, as preinscripcións poderán facerse durante toda esta semana, e, no caso de que a demanda sexa maior que a oferta, levarase a cabo unha selección tendo en conta criterios obxectivos, como o da situación laboral dos pais. As follas de preinscrición poden recollerse na librería Praxis.

Artigos relacionados

Back to top button