CulturaCulturaÚltima hora

O Barco e A Rúa, dentro do programa “Cultura no Camiño”

Este circuito comprende a celebración de espectáculos de danza, maxia, música, circo e teatro ata o 15 de outubro

O circuito da Xunta “Cultura no Camiño” celebra, ata o día 15 de outubro, a súa oitava edición. Este ano amplía a programación a un total de 149 concellos de toda Galicia dentro do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte á Covid-19. O Barco e A Rúa forman parte desta iniciativa que permite a contratación de espectáculos profesionais galegos ao abeiro do programa.

Hoxe publicouse na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a quinta e última adxudicación destas axudas, que incorporan un total de 70 novos municipios en comparación co ano 2019. O programa ofrece, dende xullo, arredor de 450 citas coa música, o teatro, o novo circo, a danza e a maxia producidos de xeito profesional en Galicia. As actividades realizaranse tanto en recintos pechados como en espazos abertos garantindo sempre a seguridade do público e dos equipos técnico e artístico.

Con esta medida, búscase impulsar a contratación de espectáculos galegos ao tempo que se dinamizan culturalmente os concellos de Galicia, especialmente os de menor poboación. Dos 149 concellos beneficiados, 140 teñen unha poboación de menos de 20.000 habitantes. Este é o caso do Barco e da Rúa, que contarán así cunha achega de 4000 euros, o que supón o 80% dos custos das contratacións artísticas.

 

Cartel promocional / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button