EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco e A Rúa estrean “Venres Negro”

Esta nova campaña, prevista para o 27 de novembro, incluirá descontos mínimos dun 20% e ampliación do horario de apertura
Cartaz da nova campaña "Venres negro".
Cartaz da nova campaña “Venres negro”.

Semanas antes do Nadal, O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e AEVA, en colaboración cos concellos do Barco e da Rúa, porán en marcha unha nova campaña. Trátase da primeira edición de “Venres Negro”, programada para o 27 de novembro nestes dous municipios valdeorreses. “Trátase de promocionar as vendas da mercadoría de tempada, previas ao inicio da campaña de Nadal, ofrecendo descontos dun mínimo do 20%”, tal e como se avanza dende a organización.

Outro dos seus obxectivos é “favorecer o ambiente prenavideño. Os establecementos participantes deberán anticipar a decoración navideña dos escaparates e telos preparados para o día de celebración desta campaña”, explica a organización. Nesta xornada o horario habitual dos locais ampliarase ata as 22h.

Nesta primeira edición participarán un total de 37 establecementos comerciais, dos que 24 son do Barco: Miranda M, Perfumería Pamen, Ana Óptica, Can-Can, Deportes Tri-sport, Ana de la Puente Perfumería y Estética, Malena, Zapatería Step Up, Miss-tic, Zapatería Palpié, Perfumería Droguería Damas Escuredo, Azul y Rosa, Boutique Glory, Mercería Carmiña, Pizpireta, Garoba, Librería Murciego, Mhussk by Trio’s, Miranda X, D’Chus, Confecciones Elena, Calzados Chavaliños, Boutique Suá e Zapatería Moral.

No caso da Rúa, sumaranse ao “Venres Negro” trece locais: Chiqui, Deportes Aris, Confecciones Rosendo, Love Natural, Lúa Zapatos, Master Electrodiaz, Perfumería Compostela, Taller Artesán Fina Crespo, Tri-Sport, Ágora, Confecciones Mondelo e Okre.

Artigos relacionados

Back to top button