SanidadeÚltima hora

O Barco e A Rúa seguen concentrándose para pedir unha “primaria digna”

 

Persoal sanitario e pacientes continúan facendo visible a súa demanda de melloras na Atención Primaria no Barco e tamén na Rúa. No mediodía deste xoves 5 de decembro volvían a concentrarse durante cinco minutos no exterior do Centro de Saúde de cada unha destas vilas con diversas pancartas con lemas como “Xuntos por unha Atención Primaria digna” ou, no caso da Rúa, “Loita polo novo centro de saúde”.

Estas concentracións levan realizándose semanalmente dende finais de maio no Barco e dende o pasado febreiro na Rúa.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button