SanidadeÚltima hora

O Barco e A Rúa seguen reivindicando unha “primaria digna”

 

Un xoves máis, continúan as mobilizacións nos Centro de Saúde do Barco e da Rúa en defensa dunha Atención Primaria “digna”. Ás 12h. deste 12 de decembro veciños e persoal sanitario reuníanse no exterior do Centro de Saúde barquense con diversas pancartas revindicando melloras en primaria e tamén solidarizándose co peche do paritorio de Verín e pedindo a súa reapertura.

No caso da Rúa, tamén tiña lugar outra concentración no exterior do seu centro de saúde, malia á chuvia, en defensa da sanidade pública e esixindo un novo centro de saúde.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button