CulturaCulturaÚltima hora

O Barco, en clave de comedia

A vila valdeorresa abre o V Ciclo de Teatro Afeccionado Lauro Olmo na noite do 24 de outubro

O actor Gabriel Prada, nunha escea de "Estación Sombrío"./ Foto: Carlos G. Hervella.

Un outono máis, o teatro de diferentes partes de Galicia subirase ao escenario no Barco. A través da comedia transitarase por temáticas tan diferentes como o deporte, a emigración, as lembranzas, o amor ou a morte no marco do V Ciclo de Teatro Afeccionado Lauro Olmo. Incluirá catro funcións que se representarán entre finais de outubro e primeiros de novembro na vila.

O cartaz abrírase o 24 de outubro no Teatro Lauro Olmo con “A Gran Final” de Metatese Teatro de Palas de Rei, unha singular interpretación do mundo da competición deportiva. Ao día seguinte, 25 de outubro, chegará Paso de Valverde de Arteixo (A Coruña) con “Sánatos”, un peregrinar de tres personaxes polas paisaxes da lembranza.

Unha semana despois, o 31 de outubro Gargallada porá en escea “Estación Sombrío”, unha peza de clown xurdida da man de Gabriel Prada como homenaxe ao seu mestre e amigo o actor Paco González. O programa deste certame teatral completarase o 1 de novembro con “Cipriano de Bequelar”, peza de amor en clave de humor, de Carrachanacha de Narón (A Coruña).

Este ciclo, incluído nos Circuítos da Federación Galega de Teatro Afeccionado, será organizado por Gargallada en colaboració coa Concellería de Cultura do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button