ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Barco, en festas

A vila celebra a festividade de Santa Rita, cuxa imaxe saía en procesión no mediodía do 22 de maio

Dende a chegada ao Barco da imaxe de Santa Rita de Casia a comezos do século XX, a devoción pola Santa foi aumentando progresivamente ao longo dos anos ata chegar a presidir a igrexa co seu nome en pleno centro barquense.
Dende entón de Santa Rita é unha festa de marcado carácter relixioso, onde centos de devotos seguen os cultos na súa honra pero, a celebración vai moito máis aló e cada mes de maio, a capital da comarca de Valdeorras acolle un completo programa lúdico para tódolos públicos no que a música das bandas e das orquestras centran o cartel.

As probas de orientación o sábado 17 de maio e o Campionato de pesca de Santa Rita, previsto para a mañá do domingo 18 de maio, marcaban o comezo da programación uns días antes das datas oficiais: do mércores 21 ao domingo 25 de maio.

Así pois, sería a orquestra Garibaldi a encargada de abrir musicalmente o programa festivo o mércores 21 de maio. En torno ás 20:30h. no campo da festa, en pleno Malecón, a oquestra subía o pano para animar o ambiente e arrancar os primeiros bailes aos asitentes, en sesión de tarde e tamén verbena ata altas horas da madrugada.

O xoves 22 de maio, é o día grande das festas no que se conmemora a data de nacemento e falecemento de Santa Rita, avogada dos imposibles, concentrando ao longo da xornada diferentes actividades. A central terá lugar a partires das 12h. momento no que a procesión coa imaxe da Santa sobre un manto de rosas vermellas, saía da igrexa de Santa Rita. A Banda de Música do Barco facía un pasarrúas pola mañá e logo daba un pasarrúas. Tras a celebración da misa, a banda barquense daba tamén un concerto na praza José Otero. Xa pola tarde a orquestra Galilea será a encargada de amenizar o baile a partires das 20:30h. e despois de cear, na verbena ata a madrugada.

O venres 23 de maio o baile estará amenizado pola orquestra Magos de España en sesión de tarde e verbena, pero ese día celebrarase asemade a I Velada Vila do Barco de deportes de contacto: nove combates de Kick Boxing, K1 e MMA. Oito dos combates serán en categoría amateur e un en categoría profesional, con deportistas de Valdeorras, El Bierzo, Oviedo, Santiago de Compostela e Portugal.

A cita será a partires das 21:30h. no pavillón de Calabagueiros e contará coa presenza de 3 competidores barquenses: Javier Carriba (do Graíño Team-Valdeorras) loitará en MMA; Camilo Arias e Alain Hernández que pelexarán en Kick Boxing forman parte do Club Kick Boxing Valdeorras. Na propia velada farase unha exhibición de Zumba e de loita Grappling, así como unha homenaxe ao ex loitador barquense residente en Gijón, David García.

Texto: Mónica G. Bellver Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Especial Santa Rita de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button