CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Barco énchese de ritmos internacionais, danzas e cromatismo coas XXXV Xornadas de Folclore

Esta noite chegarán aos escenarios da Rúa e de Maceda a partires das 22:30h. no Aguillón e na praza das Toldas, respectivamente

Tras pasar por Ourense, Bande, Trives e Manzaneda, os grupos internacionais que participan nas XXXV Xornadas de Folclore recalaban no Barco na noite do 9 de agosto. Multitude de persoas dábanse cita no campo da festa desta vila valdeorresa para asistir un sorprendente e engaiolante espectáculo de danzas, son e cromatismo no que se escenificaban tradicións colombianas, ucraínas e tahitianas.

O percorrido das xornadas pola provincia continuará esta noite de venres 10 de agosto a partires das 22:30h. con actuacións no Aguillón da Rúa e na praza das Toldas de Maceda.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button
Close