En portadaÚltima hora

O Barco, entre as localidades da provincia nas que se repartiu mascarillas para o seu uso no transporte público

Ademais de nesta vila, distribuíronse na cidade de Ourense, O Carballiño, Allariz, Verín, Xinzo de Limia e Celanova, e en polígonos como o de San Cibrao das Viñas, o Polígono de Barreiros, o Polígono de Chorente, o Polígono de Pereiro de Aguiar e o Polígono de O Carballiño

 

Por segundo día consecutivo vén de realizarse en diferentes puntos da provincia de Ourense, entre eles O Barco e Valdeorras, o reparto de mascarillas sanitarias “co obxectivo de reforzar e dar cumprimento á medida que entrou en vigor onte coincidindo co inicio da Fase 0 e que establece a obrigatoriedade do uso de máscaras no transporte público”, segundo informa o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso.

A distribución deste material sanitario (un total de 98.000 mascarillas) desenvolveuse nos principais nodos de transporte público, así como nos principais polígonos industriais e empresariais e en áreas de servizo. O operativo na cidade de Ourense levouse a cabo na estación de autobuses, así como nas principais paradas de bus urbano. Tamén se realizou reparto de máscaras nas estacións e paradas de autobuses de municipios como O Carballiño, Allariz, Verín, Xinzo de Limia, O Barco e Celanova e en polígonos como o de San Cibrao das Viñas, o Polígono de Barreiros, o Polígono de Chorente, o Polígono de Pereiro de Aguiar e o Polígono de O Carballiño.

Como no reparto realizado durante o retorno á actividade laboral trala Semana Santa, a distribución contou coa participación da Policía Nacional, da Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma, da Garda Civil e das Policías Locais. Ademais do reparto, os axentes realizaron unha labor informativa, lembrando a obrigatoriedade do uso das máscaras no transporte público e ofrecendo unhas pautas sobre o seu uso seguro.

O subdelegado do Goberno informou que as distribucións do luns e do martes se levaron a cabo “con normalidade, sen aglomeracións nin problemas de orde público, e  quixo agradecer a labor realizada polos axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como polo persoal propio da Subdelegación que posibilitaron a loxística de reparto”.

 

 

 

Igualmente, Emilio González quixo destacar de novo a responsabilidade que está a amosar a inmensa maioría da sociedade ourensá e volveu apelar á concienciación cidadá e á responsabilidade social neste inicio da desescalada.

Segunda fase de entregas a entidades sociais e asistenciais

Emilio González anunciou, así mesmo, que a Subdelegación do Goberno en Ourense iniciará a partir de mañá unha segunda fase de entregas de máscaras hixiénicas a entidades sociais e asistenciais da provincia.

Con este novo reparto o Goberno quere facilitar o desenvolvemento seguro das súas tarefas, de tipo esencial, contribuíndo así a diminuír a posibilidade de contaxio do COVID-19 entre os seus traballadores, voluntarios e usuarios.

Na galería de fotos desta noticia poden verse imaxes de reparto no Barco (da autoría de Carlos G. Hervella), así como noutros puntos da provincia de Ourense (cedidas).

Artigos relacionados

Back to top button