CulturaCulturaÚltima hora

O Barco, entre as paradas do ciclo divulgativo “Ciencia no Camiño”

Esta iniciativa, organizada pola "Fábrica de Luz. Museo da Enerxía" de Ponferrada, constará de 5 charlas noutras tantas localidades

Presentación do proxecto “Ciencia no Camiño”, en Ponferrada.

 

León, Astorga, Ponferrada, O Barco de Valdeorras e Santiago de Compostela serán as cinco paradas de “Ciencia no Camiño”, o primeiro ciclo de divulgación científica no Camiño de Santiago. Organizado pola “Fábrica de Luz. Museo da Enerxía”, esta iniciativa consta de cinco charlas e forma parte da programación de actos culturais que organiza o Centro Galicia en Ponferrada con motivo do ano Xacobeo 2021.

A presentación deste ciclo tiña lugar esta mañá en Ponferrada da man de Diego Bello, responsable cultural do Centro Galicia en Ponferrada, e Yasodhara López, directora da Fábrica de Luz. Museo da Enerxía. Ambos estiveron acompañados polo que será un dos relatores, Sergio Barrio coñecido como Profesor10 demates, e por Marta Ferrero, responsable de didáctica do museo.

As charlas, que levarán a cabo en diversos emprazamentos ao longo do Camiño de Inverno nas provincias de León, Ourense e A Coruña, así como no Camiño Francés, tratarán de visibilizar o Camiño como un sendeiro de cultura. Ademais de achegar os contidos científicos ao público xeral, durante as sesións tratarase de dar a coñecer o labor científico levado a cabo por investigadores españois e de achegar temas científicos actuais de maneira accesible poñendo en valor a divulgación da ciencia como forma de coñecemento da actualidade científica.

As sesións presenciais terán lugar os xoves de setembro e o venres 10 ás 19:00 horas e terán unha duración aproximada de 45 minutos. A entrada será gratuíta e libre ata completar aforo en cada unha das localizacións.

 

 

No caso concreto do Barco, a actividade está prevista para o 23 de setembro ás 19h. no salón de actos do edificio multiusoso. Tratarase da charla “Vaia óso! O científico e o seu método” con Profesor10 demates.

O programa completo de actos culturais pódense consultar na páxina do Centro de Galicia en Ponferrada en http://centrogaliciaenponferrada.blogspot.com/

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button