ConcellosÚltima hora

O Barco, entre as vilas da provincia nas que a Policía Autonómica tramitou denuncias por incumprir medidas anticovid

En total realizáronse 88 inspeccións durante a fin de semana do Pilar e tramitaron 69 denuncias

Un coche da Policía Autonómica.

 

Durante esta fin de semana axentes da Policía Autonómica levaron a cabo 47 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Realizáronse 88 inspeccións en 9 concellos da provincia desde o pasado venres ata o luns, tramitáronse 69 denuncias e houbo 246 persoas identificadas.

Os dispositivos tiveron lugar nos municipios de O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Oímbra, Ourense, Coles, Rairiz de Veiga, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea e Verín. Os axentes levaron a cabo no conxunto da comunidade un total de 215 controis en 29 concellos, que deron como resultado 114 denuncias e 346 identificacións. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.

As inspeccións centráronse no control de fumadores na rúa e en terrazas, aglomeracións, festas privadas, o uso obrigatorio da máscara e o cumprimento da distancia de seguridade, aforos, horario de peche e as medidas sanitarias en terrazas, espectáculos públicos e nos establecementos abertos ao público.

Concello de Quiroga (Lugo)

A Policía Autonómica tamén levou a cabo dispositivos na provincia de Lugo, en total 13. Realizáronse 6 inspeccións nos municipios de Lugo e Quiroga desde o pasado venres ata o luns, houbo 35 persoas identificadas e tramitáronse 2 denuncias.

Os axentes levaron a cabo no conxunto da comunidade un total de 215 controis en 29 concellos, que deron como resultado 114 denuncias e 346 identificacións. Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do Estado, cada unha no marco das súas competencias.

Artigos relacionados

Back to top button